Roberto vainos narrar outra gran episodio; unha
historia na que el foi o protagonista. -Lémbrome do día que embarrancou o Olympie o do semento, no ano 1955. Eu
e meu pai fixémonos con mil caxetillas de tabaco, uns xogos de pocillos e dúas
caixas de whisky-. Eu
formara unha cuadrilla de homes casados para ir ao barco a raquear, pois quería
homes comprometidos que tivesen responsabilidades detrás… Eran outros tempos e
había que comer e sacar a familia adiante-. A primeira vez que o seu grupo
achegouse ao Olympie, ás poucas horas
de ter embarrancado o barco, xa sabía el que estaba a bordo Petrallo, o buzo de
Camelle que era moi atrevido, pois seu barco, co cal se adicaba ao despece de
pecios pola contorna, facía un ruído característico que eles coñecían... Cando a cuadrilla de Roberto
volvíu por segunda vez a bordo do barco sinistrado, aparecíu un barco de
Camelle que traía a bordo ao capitán do buque galo ministrado e ao capitán da
Garda Civil de Carballo, o cal dispoñíase a abrir fogo contra os raqueiros
cando o capitán do Olympie, impedíullo.
Lémbrase Roberto que uns fuxiron, mentres que a outros os detiveron e tiveron
que acudir a un avogado. Finalmente, os restos do Olympie e
do María Laar, remataría por mercalos
Santa Cruz, despezando ambos os dous buques.
Pasado un tempo, no que o Olympie seguía embarrancado na zona, José Brión, o pai de Roberto, falou cun guardia dos carabineiros que xa coñecían do tempo que levaban apostados éstos a carón do Cemiterio dos Ingleses, facendo garda en terra para custodar o buque galo e díxolle: -esta noite imos quitar as portas do puente do Olympie-. O ghuardia lle dixo: -bueno vai, pero non sei a que hora vai a cheghar o cabo; cando el cheghe eu que xa sei que estades a bordo, vou a disparar ao aire… esa vai ser a sinal para vós, por que a partir de aí o cabo colle o mando-. Como esa noite ía o irmán de Roberto con el na cuadrilla, o pai quedouse polos arredores a bordo da chalana a ver se collía unhas nécoras ou algún lubrigante. O Olympie levaba a bordo dúas emisoras: o receptor e o emisor, e esas sacounas seu pai de o barco. Un levouna un de Brañas Verdes e outra quedouse seu pai con ela a cal estivo no casino de A Ponte do Porto ata que Santa Cruz mercou o barco que entón, foille devolta.
© Fernando Patricio Cortizo 2017
Foto: Olympie embarrancado. Cedida por Carlos San Claudio Santa Cruz.
Foto: Invernía na Punta do Boi. Fernando Patricio Cortizo.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar