domingo, 7 de xaneiro de 2018

Hipólito Patiño Lamela. Un buzo corcubionés con historia


“Yo estaba en Valencia, en mi casa de campo, con una depresión tremenda por el reciente fallecimiento de mi mujer. Estaba al lado del ordenador, sentado con un flotador en la espalda, por mis problemas ocasionados por el buceo, leyendo Madera de Boj, cuando de pronto, Camilo José Cela habla de Concha y de su marido José, un matrimonio excelente, gente maravillosa. Entonces me doy cuenta y digo: ¡Coño!, ¿Pero si ésta es Concha, mi novia de juventud? Entonces, cómo si hubiese algo que me estuviese avisando, busco su número de teléfono y la llamo… al otro lado del teléfono escucho su voz que no había cambiado desde que era una moza y le pregunto como está… cómo se encuentra, pues yo sabía que se había quedado viuda hace tiempo. Le cuento que mi mujer ha fallecido y ella, tras un corto silencio, me dice que desconocía por completo esta triste noticia. Al final, decido ir a Galicia a visitarla después de haber pasado tantos años, y…”

A persoa da que teño a honra e a sorte de estar escribindo hoxe, conta na actualidade con 81 anos de idade; naceu meses antes de que comezara a longa noite de pedra, no mes de xullo do 1936, no seo dunha familia humilde de Corcubión, onde seu pai traballaba de zapateiro. Nesta vila, criarase Hipólito ata os 9 anos, idade na que marchará coa súa familia para La Rioja, onde practicaría entre outros deportes o atletismo, chegando a ser nesta disciplina, campeón provincial polo clube Educación y Descanso (“aunque había nacido en plena mar” di, el). Nesta rexión, pasará a súa xuventude, máis voltará todos os veráns a súa vila natal a pasar as vacacións, e vai ser precisamente nun destes períodos estivais, cando un tío seu preguntaralle a Hipólito Patiño, se quere ficar a traballar aquí, a bordo dunha draga, pois falecera por un accidente laboral a bordo da mesma o encargado de manipular á manivela do guinche, cando unha peza da propia máquina saira voando, impactándolle na cabeza e matándoo por desgraza, no acto. Non era un posto de traballo moi agradecido, pois antes de que acontecese dito accidente mortal, outro operario rachara un brazo, manipulando o mesmo mecanismo. Dito guinche flotante a través dunha polea e exercendo moita forza bruta, colocaba pesados bloques de formigón no fondo do mar, pois se estaba a construir un peirao en Brens, localidade pertencente na actualidade, ao Concello de Cee.
Hipólito rematará por aceptar o primeiro traballo da súa vida a bordo desta draga, cun desgaste físico esgotador, desenrolando a categoría de peón e mariñeiro, a bordo da mesma. Patiño definirá a volta a Galicia, no documental, “El último Buzo” da súa mesma autoría, como: “De vuelta a su terruño, empezó en Brens su andadura, allí empezó a construir este hermoso muelle, que sesenta años después, aún sigue en activo.” 


Tras levar traballando no seu primeiro oficio un mes, estaba un día de pé cun grupo de persoas ollando ao mar, na beira do muelle que estaban a construir, cando ve saír á superficie moitas burbullas que ascendían do fondo e máis tarde, a un buzo. É entón, cando Hipólito abraiado e ollando cara a escafandra que sobresaía das augas, dí: - ¡Ya me gustaría a mi bajar al fondo!-. Ao seu carón, está o xefe da obra que lle pregunta, -¿Te gustaría trabajar de buzo?- Ao que de contado Hipólito lle resposta: -¿Yo, de buzo? ¡Mañana mismo si hace falta, empiezo!-.
E así foi como Hipólito Patiño Lamela, comeza a súa vida profesional coma buzo aos 17 años, en Brens (Cee), lembrándose perfectamente da súa primeira inmersión, onde lle puxeron o traxe de buzo fronte ao peirao de Perfecto Castro, e o mandaron descender a un fondo de entre 3 e 4 metros de profundidade, operación que lle deu moito medo polo balbordo que facían as burbullas de aire das súas mangueiras conectadas á escafandra, pero foise serenando e ao seguinte día repite inmersión e colle un polbo de 9,5 kilos que sube á superficie enganchado ás súas costas. Bautista Rojo, veterano buzo e gran persoa, será seu mestre neste perigoso oficio, no que acaba de iniciarse.
A Hipólito a chamada das profundidades mariñas xa lle viña no ADN, pois un tío seu, Leopoldo Lamela, xa traballaba de buzo no despece de barcos, e agora atopábase traballando tamén, nas obras portuarias.


Patiño, pasa pola obriga na época de facer o Servizo Militar, cando seu padastro  chámao para cumplilo en Logroño. Ao remate da mili, retorna de novo coma buzo á empresa na que comezara a traballar, Construcciones Civiles, que na vila de Cee era coñecida como Cubiles. Pero según el gañaba moi poucos cartos: 1.200 pesetas ao mes, a principios dos anos cincuenta do século pasado.


Reanudada a actividade laboral, Hipólito cásase cunha muller que era natural de Lugo capital e véñense a vivir para a casa dos seus avós, en Cee. Ao pouco tempo de asentarse, levábase mal a súa dona acostumada á vida de cidade, coa súa abuelastra que era unha muller de aldea. Hipólito, entón, fala coa súa muller e dille que vai ir un domingo ata A Coruña, para falar cun enxeneiro que está a construir os peiraos onde vai a instalarse a factoría, PEBSA, (Pesquerías Españolas del Bacalao Sociedad Anónima) no porto desa cidade. Unha vez chega á urbe herculina, entérase do hotel onde está aloxado o enxeneiro que está encargado das obras e vai a falar con el. O representante da empresa constructora queda abraiado da xuventude e da afouteza de Hipólito e contrátao no mesmo intre, dándolle un traballo de buzo. No porto herculino, traballaría uns meses con dinamita para barrenar unha gran laxe de pedra, que se atopaba a metro e medio de calado e que impedía o enrase do fondo sobre os que irían os futuros bloques de formigón, sobre os que se asentaría a gran factoría bacallaeira. Lembra que había malos compañeiros nesta empresa e por primeira vez, coñece a un buzo que tiña equipo propio. Tamén coñece a triste nova de que a principios da década dos cuarenta, dous buzos falecen neste mesmo porto coruñés, cando  desenvolvían traballos portuarios semellantes aos que el se atopaba facendo nese mesmo intre.
Ao pouco tempo o xefe que tivera en Brens, volta a buscalo, pero Hipólito só accede a súa petición cunha condición: cobrar o mesmo salario que tiña na Coruña. Aceptada a súa oferta, volta a traballar ao carón do veterano Bautista Rojo, coñecido do seu tío Leopoldo Lamela, outro buzo que foi un fora de serie de quen Hipólito di que habería que escribir tamén a súa historia, pois ben a merece.
Patiño, cando está a piques de rematar por fin, a obra de bloques de formigón no peirao de Brens co seu querido Bautista Rojo, un domingo aproveita e viaxa a Vigo na procura de máis traballo. Fala que ao longo da súa traxectoria profesional coma buzo, chegou a ver bloques de formigón de 1.500 toneladas de peso e que algúns deles, incluso eran flotantes. Conserva a foto dun deles remolcado por un barco.
Cando chega ao edificio de Junta de Obras del Puerto de Vigo, había un porteiro ao cal Hipólito lle di que ven para ver se hai traballo de buzo para el, ao que o porteiro respóstalle: -¡Hombre, yo fuí buzo también! Ahora estoy retirado y tengo este trabajo. El ingeniero Jefe de personal está casualmente hoy domingo en la oficina cogiendo unos papeles y te lo voy a presentar.- Tras falar con el, o xefe de persoal contrátao coma buzo e lle di que pode vir xa cando queira para a cidade olívica.


Estamos na segunda metade da década dos anos cincuenta do século pasado; neste novo posto, desempregando a categoría de buzo inspector, traballaría Hipólito Patiño cinco anos e medio. Adicaríase a percorrer as instalacións portuarias e os faros da ría de Vigo e revisar que non sufriran desperfectos, especialmente os peiraos, así cómo visitar e supervisar tamén as obras que se facían para a propia empresa do estado, Junta de Obras del Puerto de Vigo. Se Patiño localizaba algún desperfecto nas paredes ou escaleiras dos peiraos, el mesmo os arranxaba. Era un bo traballo pero según el, non gañaba moitos cartos. En Vigo, comezou Hipólito Lamela a construir o primeiro porto para Ferris de España.


Tras pasar na cidade olívica, case que seis anos, e despois de coller as vacacións, Hipólito xunto a súa muller viaxan a Barcelona a visitar ao seu cuñado. Foi entón, falando con el, que traballaba nunha empresa de productos químicos, cando lle preguntou se non habería oficio de buzo alí, e este respostoulle que non, que había moita crise e que o pouco traballo que existía ainda por riba estaba mal pagado. Pero Hipólito que era un home inquedo, foi ata o porto de Barcelona dando un paseo e localizou a uns oficinistas que estaban instalados nun edificio pertencente a unha empresa italiana, chamada Fincosit. Sería este persoal administrativo quen lle presentaría ao enxeneiro que levaba os proxectos de construcción dos novos muelles. Hipólito díxolle que era buzo e que traballaba para o estado, en Vigo. O enxeneiro víuno xoven e con gañas de traballar e contratouno, decíndolle que se viñera para Barcelona de contado. Hipólito dille ao enxeneiro italiano que ten que ir a Vigo e decirllo ao seu xefe por que non o quere deixar tirado. O italiano respóndelle que canto antes volte a Barcelona mellor, por que a súa empresa collíu a adxudicación da construcción dos muelles dos silos e dos contenedores do porto de Barcelona. Hipólito polo entón que xa tiña lancha e equipo propio de buzo, coméntalle ao enxeneiro canto lle van a pagar por usar seu equipo, sabendo que el gañaba en Vigo 3.000 pesetas ao mes, mentres que un peón gañaba 900. O enxeneiro italiano coméntalle que se pode traelo todo nun camión, el págalle 15.000 pesetas polo aluguer do seu equipo e outras 15.000 pesetas polo traballo de colocar bloques… é dicir, gañaría 30.000 pesetas ao mes, o que multiplicaba por dez o salario que gañaba na cidade olívica.
Hipólito Patiño Lamela, regresou a Vigo para arranxar os papeis e abandoar definitivamente seu traballo coma buzo, na Junta de Obras del Puerto desta cidade, para viaxar ao seu novo destino en Barcelona. Curiosamente, quen ocupará a súa vacante será outro buzo corcubionés: Juanito Liracho, do que tamén falaremos noutra ocasión.


Xa integrado Patiño, na plantilla de buzos da súa nova empresa, Fincosit, ao principio pasounas canutas, por que os italianos trataban moi mal aos españois, e había por riba un buzo andaluz que facía mal o seu traballo e a mala praxis deste home, endosábanlla a Hipólito. Entón, un día, lles mandan aos dous buzos facer un enrase de 25 metros de longo por 12 de ancho, sobre raís onde irían colocados, posteriormente, os bloques de formigón; os primeiros doce metros os faría o buzo andaluz e o resto, a continuación, Hipólito, o cal remataría un pouquiño antes que o seu compañeiro. Unha vez os enxeneiros sondaron o traballo feito, concluiron que o enrase de Hipólito estaba 10 centímetros máis baixo que o do primeiro buzo, porque seguía a inclinación coa que o iniciara éste. Nembargantes o enrase de Hipólito estaba perfectamente nivelado e excelentemente rematado, polo que decidiron despedir ao buzo andaluz. Hipólito Patiño faría con esta empresa italiana dous peiraos quebraondas, e outro para os silos do gran, xusto debaixo de Montjuich.
Cando Hipólito lles decía desde Barcelona aos seus amigos que gañaba 30.000 pesetas ao mes, non o creían e con razón, pois era un salario estratosférico para a época.

A sona de Hipólito Patiño polo porto de Barcelona, extendíuse de contado e a empresa española, Dragados y Construcciones andaba preguntando por el. O buzo corcubionés, que cando vía que estaba a piques de rematar a faena, xa estaba buscándose a vida noutra, coméntalle á súa muller, que pronto vaise rematar o traballo en Barcelona e que ademáis enterouse polo seu tío Leopoldo Lamela, que saíu nos xornáis, que van a traballar uns trinta buzos, na ría de Bilbao, facendo unha gran obra. Finalmente, o matrimonio arrincará para o País Vasco, e Hipólito traballará construindo un gran peirao en Santurce, enrasando o fondo e colocando bloques de formigón, a súa especialidade. Lembra que foi neste destino onde traballou nas piores condicións meteorolóxicas da súa vida, pois estaba en mar aberto cunha visibilidade, nula.
Unha vez rematada a obra no País Vasco, volta para Barcelona por que Dragados y Construcciones segue a ter moito traballo, no porto catalán. O enxeneiro desta empresa que ten excelentes referenzas del, pois os italianos quedaran encantados do seu traballo, o contrata de novo, pois o que van a facer e enrasar e colocar bloques. O traballo de sempre… a súa especialidade. Na súa segunda estadía en Barcelona, construiría Patiño o muelle do Príncipe, o muelle de Contenedores e o muelle da Zona Franca. Sería aquí, cando lle roubarían a súa segunda escafandra que gardaba a bordo da súa embarcación. A que conserva na actualidade, en Cee, ten case que un século de antigüidade.

De Barcelona, trasladaríase o buzo corcubionés a Sagunto, onde tivo unha sorte tremenda cun enxeneiro que tiña moi boas referenzas del, o cal dalle unha información confidencial: -En  Tarragona tenemos una obra. Yo, ya di referencias para que te llamen, pero tú de todas formas vete allí, por que mira, hay unos ranas de Madrid que van a ir y van a cobrar el metro cuadrado de enrase a 800 pesetas-. Hipólito alporízase polo elevadísimo prezo ao que lles pagan o metro cadrado e así llo translada ao enxeneiro. Pero entón, este lle dí: - Patiño, si va usted allí y le dice que lo hace por una peseta menos, la obra se la van a dar a usted, pues nuestra compañía tiene mucha mano en Madrid.- Hipólito, vai finalmente a Tarragona e lle dí ao enxeneiro xefe que el lle fai o metro cadrado de enrase a 400 pesetas. Obviamente, déronlle o traballo e pasou a gañar máis de medio millón de pesetas ao mes, no ano 1974. Para dar fe do que afirma, ensíname o recibo da súa empresa Odea Empresas Agrupadas por valor de 568.425 pesetas. Con eses cartos na época podías mercar un piso ou dous, dependendo da zona, e el mercou un apartamento na praia. Este traballo adxudicáronllo no porto de Sagunto. Era tal a cantidade de cartos que gañaba Hipólito na época, que lle chamaban El Cruyff de los buzos que para os seus compañeiros de profesión sempre foi el buzo niño o cal comezara a traballar con 23 anos para os italianos, prorrogando seu oficio de buzo, vinte anos máis.

Cando morre Franco todos os traballos portuarios quedan paralizados. Era tal a relevancia e a profesionalidade de Hipólito Patiño nas obras civiles coma buzo, que se pensou desde a súa empresa en mercar unha avioneta para que desde Cartagena, o seu último lugar de residencia, poidese voar ata a costa andaluza, evitando deste xeito o tapón de tráfico rodado da estrada que dende Madrid ía ata o levante, para deste xeito, controlar e supervisar tanto a situación de todos os portos do Estado nesta franxa costeira, como para supervisar as obras que se comezaban ou seguir o proceso das que estaban pendentes de rematarse.

A construcción de infraestructuras portuarias sempre era o mesmo: primeiro, os enxeneiros e peritos, dragaban o fango ou a area á profundidade establecida e se había pedras, había que bolalas e sacalas. Logo se sondaba para obter a profundidade e o leito axeitado, e a continuación con gánguiles, comezabase a rechear coa a pedra de primeira, que era aproximadamente de 500 kilos de peso, para por a base da obra sobre a que se ía construir o muelle. Enriba disto, facíase o enrase, a base de por chá a gravilla que botaban a paladas dende a superficie e que caía por riba do buzo como se fose choiva, o cal tiña que mesturala co cemento que obtiña de rachar os sacos que lle enviaban. Cando esta capa estaba firme, colocabase por riba dela un carril ou rail. A continuación facíanse descender os bloques de formigón armado, que unha vez que chegaban ao fondo, eran movidos grazas a este sistema de guías e colocados nos lugares precisos, por que no fondo, estabas completamente a escuras. Deste xeito, íanse superpoñendo fileiras de bloques de formigón, ata obter a altura precisa na que se daba por rematada a obra.

Conta Hipólito, que seu tío Leopoldo (do que se lle nota o cariño especial que profesaba por el, pois o nomea numerosas veces ao longo da entrevista) si traballou en pecios, mentres que el non, sempre o fixo en obras portuarias. Hipólito só mergullou en pecios por deporte. Conta que estivo nun galeón, no interior da Badía de Rande e fronte a praia de Langosteira, en Fisterra, no decurso dunha semana, en outro pecio antigo a onde o levara seu tío, para que vise como era o traballo que facía, onde non se gañaban moitos cartos e só se podía traballar no verán. Pero a Hipólito o traballo en pecios non lle atraía, el quería faena para todo o ano.

Segue a lembrar Hipólito Patiño ao seu tío, Leopoldo, pois éste contáralle toda a súa vida. Foi un home fora de serie. Foi un heroe na guerra, pois cando chegaron os falanxistas a Corcubión, el cavou unha trincheira con 16 anos, para impedirlles o paso, e que tamén estivo preso no Castelo de San Antón, na Coruña. Salvoulle a vida a un compañeiro, cando estaba na fronte, cando iste ía a tirar dun cordón que sobresaía da terra, para poñerllo a unha bota. Resulta que ese cordón era dunha bomba caseira que eles mesmos facían para guindarlle ao inimigo. Ten outro episodio impresionante sobre seu tío, cando éste tirouse cun aro salvavidas dende a cuberta do cruceiro Canarias ao bravo océano, para rescatar a un oficial que un golpe de mar fixera caer ao auga. Finalmente, rescatouno e cando o Canarias arribou ao porto de Ferrol, recibiron a Leopoldo Lamela con honores e ¡banda de Música, incluida!. Concedederíanlle finalmente, por todas estas accións, tres medallas acadadas polo seu valor no decurso da Guerra Civil española. Noutra ocasión, de moi novo, collendo pinas, caíu duha árbore e ficou cravado no galo dun piñeiro, ata que pasou unha persona e atopouno case que desangrado.

Foran a muller e os fillos os que presionaran para que deixara Hipólito esta vella profesión, pero  el di que nunca o tiña que ter deixado, pois era boísimo no seu oficio, e sempre lle daban os mellores traballos de buzo que había en España. E abofé que así foi. Rematou pois, retirándose desta actividade laboral para adicarse xunto a súa familia, ao negocio dos supermercados.



Máis a morriña polo oficio de buzo que ainda tiña Hipólito Patiño, derivou en que para paliar ese valdeiro adicouse a facer moitos vídeos e reportaxes da súa vida e da de outros buzos, creando incluso una serie de capítulos, dos cales na actualidade, podemos ollar moitos pendurados na canle de vídeos, Youtube, pola internete.
Valls Perelló, adicaríalle a Patiño un libro pola súa excelente traxectoria profesional como buzo ao longo da súa vida, percorrendo a xeografía costeira española.

A este buzo corcubionés, xa retirado do seu querido oficio, entroulle unha depresión moi grande coa morte da súa muller e trasladouse de Valencia a Cee, a visitar a Concha, o amor da súa xuventude da cal sabía que tamén ficara víuda facía tempo.
Estando Hipólito xa aloxado no Hostal Galicia, un día, un cliente natural de Barcelona, ve a escafandra de buzo exposta na libraría do salón e lle pregunta a Hipólito se el era buzo, ao que Hipólito resposta que si. Entón o señor dille: -Yo conozco a dos buzos como usted… los conocí en Barcelona… de hecho quien más conoció a uno de ellos fue mi mujer-. Hipólito pregúntalle entón se sabe os nomes dos buzos e o cliente do hostal lle resposta: -uno de ellos vivía en la calle Feijoo, y su mujer era muy amiga de la mía…-. Entón, Hipólito perplexo, dille: -¡en la calle Feijoo vivía yo! ¡Usted es el marido de la señora Sara, amiga de mi mujer y nosotros vivíamos en el piso que estaba encima del suyo en Barcelona!-. Casualidades da vida.
Finalmente, Hipólito Patiño e Concha, foron amizando e conxeniando, ata facerse parella, mentres ela ainda se faría cargo do seu hostal, catro anos máis, ata xubilarse.

Cóntame Concha que estivo no decurso de quince anos vivindo e traballando en Londres, xunto a seu home José, natural do Ézaro, con quen tivo dúas fillas, e que voltarían tras este tempo á terriña para montar e rexentar o famoso Hostal Galicia, no centro de Cee, o cal frecuentaban, entre outros, os escritores, Camilo José Cela e Francisco de Ramón y Ballesteros os cales coñecéranse xa de nenos, cando ambos os dous coincidiran estudando no colexio dos Xesuitas de Vigo, no decurso da ditadura de Primo de Rivera (Cela Trulock, 54:2001). Anos máis tarde voltarían a coincidir na  Universidade de Santiago de Compostela, sendo os dous moi bos amigos da familia de Concha.

Camilo José Cela, amante da Costa da Morte, pasou os veráns, entre 1984 e 1989 aloxado no chalet da Xeitosiña, ao inicio da praia de Langosteira, en Fisterra, nun lugar idílico e tranquilo, propiedade dun abogado de Ameixenda que estaba casado cunha señora de Fisterra. A carón desa vivienda estival, está hoxe ergueita unha lápida adicada ao Nóbel galego e á súa obra. Alí, escribiría o escritor padronés, o seu derradeiro libro, Madera de boj, editado no 1999 e adicado á Costa da Morte, para o cal, achegaríase a Camelle para visitar a José Baña Heim… pero desta cita falaremos outro día.

Dos fillos de Hipólito ningún quixo saber nada do oficio de buzo. Ao maior o trouxo nunha ocasión a mergullar ás Lobeiras e saíu azul de baixo da auga… di Hipólito: -casi le pego, le dije: pégate a mí siempre por que hay rocas por todos los lados, y resulta que asciendo de una inmersión, y ya no lo veo. Entonces me empiezo a poner nervioso y lo empiezo a buscar y a llamar por todas partes; ya estoy desesperado y en esto que voy hacia la isla del Faro, y allí me encuentro a Fran tomando el sol ¡encima de un risco!-.

Hipólito Patiño, aos seus 81 anos, vai lembrándose de vivenzas que véñenlle á mente ao xeito que imos falando… di: -Aquí en Galicia, tras colocar en el fondo del mar los bloques de hormigón, se ponían en cuarentena para endurecerlos y cuando volvías para quitarles las eslingas de debajo de ellos salían: nécoras, lubrigantes, pulpos, vieiras, centollas… ¡había de todo!... recuerdo un día que fui a bucear aquí dentro de la ría de Corcubión mismo y a dos metros de agua haciendo pesca submarina ¡pesqué media chalana de sollas!... yo le dije a mi tío, ¡oye, paro ya que me van a meter en la cárcel!. Entonces el va y me contesta: -Ti colle… colle peixe, non te preocupes!-.


Vai rematando a tarde e intercambiamos opinións sobre a pesca submarina de entón e a actual, sobre a frescura que conserva ainda despois de desconxelalo, o peixe que pescamos os ranas, e falamos de Pelayo e Paco, que tamén fan pesca submarina e son irmáns de Xosé Iglesias Lamela, aprezado amigo meu, mariñeiro e poeta atlántico, e tamén pariente de Hipólito e grazas ao cal, estou eu facéndolle neste intre, esta entrevista, para divulgala á sociedade.
Non contaba eu con que nesta conversa tivera un De javu,  máis tanto Hipólito como Concha, ese mesmo día, no que acababan de chegar de pasar a tarde da praia en Caneliñas, (xullo de 2017) onde noutrora asentouse a famosa factoría baleeira, fálanme dunha muller chamada Fina, viúva de fai moitos anos que é da zona, que vive case que illada e que ainda na actualidade carrexa o argazo a lombos dun burro, para sementar con elas as leiras que posúe polos arredores. Esta mesma muller, foi a que coñecimos accidentalmente, miña compañeira actual (daquela noiva) máis eu, sen saber entón quen era, no verán do ano 2005, cando fun a ensinarlle a Helena a fermosa praia de Gures, dende o recén inaugurado miradoiro que alí se construira. Entón atopámonos casualmente con aquela muller pequena e rebuldeira, que cando xa marchabamos, preguntounos se a podiamos subir no noso coche ata a parte alta de Caneliñas que xa linda coa estrada xeral que ben do Ézaro, dirección Cee. Nós accedimos e ela metíuse de contado no coche cunha bolsa de plástico e un sacho, e no breve espazo de tempo que nos levou chegar ao lugar onde íamola deixar, contounos que tiña un fillo na Coruña que rexentaba un bar. Pois si, que pequeno é o mundo! Fina, a muller da que me estaban a falar agora mesmo, Concha e Hipólito, é unha supervivinte da zona, á que os coches que siguen baixando coma tolos cara Caneliñas, principalmente no verán, mátanlle gatos e pitas, tendo ela ademáis a súa casa pegada a esa estrada de curvas imposíbeis…

Hipólito Patiño, como bo afecionado á fotografía e a imaxe, ten gravadas antigas reportaxes sobre a factoría baleeira de Caneliñas; unha delas en concreto, a chegada da derradeira balea capturada e despezada aquí, así coma algún obxeto rescatado da mesma, xa coa fábrica abandoada. Conta Hipólito que o aceite fino de balea sacábase do seu cerebelo, por que case que non daba nin olor, nin botaba fume, de aí que era destinado a igrexas e a casas de xente pudiente. Ese aceite depositabase nas grandes vasixas que había en Caneliñas e que estaban soterradas na terra, pero nun dos últimos lumes acontecidos na zona, quedaron danadas e remataron por escachar. Quedan hoxe dúas, unha está na finca dun chalé cercano e outra foi levada polo Concello de Cee. Do cráneo da balea, especifica Hipólito, sacabanse 4 toneladas de aceite fino!

Seguimos a falar doutras familias de buzos da zona… Os que teñen o bazar aquí en Cee, teñen a escafandra e o traxe doutro buzo.
A señora Lía, coñecida como a filla do buzo da Casa de Couto, que rexenta na actualidade a Mercería Couto, tamén de Cee é filla do buzo máis antigo da zona, (do cal di Hipólito que conserva algunhas fotografías) conta que seu pai gañaba cinco pesetas diarias, e que as nais da época, decíanlle ás súas fillas que se engancharan ao buzo, (seu pai) por que gañaba unha fortuna! Eran as décadas do 1920 e 1930. Esta familia sempre tiveron droguería e cree Concha que viñeran de Sardiñeiro.
En Cee, fronte ao Hotel A Marina, hai unha casa de xoguetes e de artigos para nenos. Aquí danme Concha e Patiño, outra referenza de outra familia de buzos, pero non lembran seu nome.

Remexendo na súa memoria, e a medida que a conversa achégase ao seu fin, Hipólito segue a facer memoria de anédotas que lle aconteceron ao longo da súa vida coma buzo. Lembra que nos anos cincuenta, un kilo de ferro valía 5 pesetas, e que con eses cartos podías ir ao cine e comer un bocadilo de xamón.
Unha vez estando traballando no porto de Vigo, na zona da dársena, ve uha cousa que sobresae do fango de cor azulada e preto dese obxeto, outro ferro. De contado avisa ao gruista e despois de estrobar a peza, ízanna… conta Hipólito que en canto foi extraída do fango brilaba coma se fose ouro, nun día de sol tremendo. Era un enorme lingote de cobre que pesou 99 kg. Cando foron a chatarrería a vendelo (era outros tempos) o chatarreiro pegoulle mandarriazos para saber se era cobre puro, pois ás veces facíanse lingotes de cobre bañados en chumbo.
Tamén atoparía Hipólito, tres ánforas romanas que extraería do fondo do mar. Unha regaloulla ao seu xefe, outra donouna ao museo da Guía, en  Vigo ( a única atopada en Galicia) e a restante tena el. Lembra perfectamente, que en Tarragona cando dragaban, debaixo do auga aparecían centos delas e lonxe da costa tirábase o fango que se extraía das obras portuarias, onde polo medio, ían moitas ánforas enteiras e en anacos. Di Hipólito: -En Tarragona había tantas ánforas que nadie les prestaba atención-.

Hipólito quería doar todos os obxetos arqueolóxicos que posúe, producto de achádegos casuais no fondo do  mar, ao longo dos seus trinta anos como buzo profesional e que son de grandísimo valor e tamén doar a súa biblioteca, ambos fondos ao seu pobo, a Corcubión. De feito fai pouco tempo, fixo 24 paquetes que foron levados ata o cárcere vello de Corcubión, xa restaurado este edificio, para facer alí con eles unha sala museística, pero coa crise non chegaron nin a expoñerse. O concello de Corcubión, os deixara nun espazo pechado e a Hipólito non lle daba chegado o intre de velos expostos. Asi que un día falou co Concello, reclamoullos e devolvéronllos. Entre eles, cóntanos que está a roda do leme dunha goleta do século XIX, con borde de bronce, unha ánfora, moedas romanas e visigodas que non lembra onde están, moita cerámica, unha roda de muíño e parte dun bate romano de plomo… obxetos excelentes para enaltecer a calquera museo histórico e arqueolóxico do mundo, atopados na súa totalidade, no Mar Mediterráneo.

Hipólito segue a amosar inquedanza e sensibilidade polo patrimonio cultural marítimo galego é confésame que para el resultou decepcionante, cando organizou unha charla e posterior visionado de películas da súa vida como buzo, na Capela do Pilar, en Corcubión. Á cita acudiran amigos, incluido un matrimonio de Valencia que coñecían a Hipólito e a Concha…levaron gaiteiros e un amigo seu de Corcubión, ata puso uns pinchos ao remate do acto. Pois ben, comenta Hipólito que ningún político de Corcubión, nin ningún mariñeiro do pobo acudíu ao acto que el mesmo se encargara de publicitar con cartaces pegados por toda a vila. Máis, despois de ter publicado este artigo no meu blogue, puiden comprobar que a memoria de Hipólito xogoulle unha mala pasada, no que atinxe a este tema en concreto, pois si houbo mariñeiros no seu acto, como o atestemuñan dúas persoas desta profesión que contactaron conmigo para rectificar a opinión do buzo corcubionés.
Tamén botaba en falla Hipólito Patiño, na súa vila natal, unha estatua ou un símbolo público no que o pobo de Corcubión recoñecera aos seus buzos, a gran cantidade de traballo e de negocio que trouxeron para a súa vila.

...falamos do feismo presente en moitos dos pobos e das aldeas galegas, e dos centos deles que fican abandoados. A Hipólito isto, apénalle moito.

Lembra Patiño un grave accidente acontecido en augas da ría de Corcubión, que lle contara seu avó, que víu como un barco estourou preto dun pontón. Descoñezo se o torpedeiro Habana, que era o nome do barco pertencente a Armada española, ao que Patiño fai referenza, por memoria do seu avó, tivo un segundo estourido das súas caldeiras, xa no interior da ría de Corcubión, pois o que realmente aconteceu, o fatídico 5 de abril do 1888, foi o seguinte. O torpedeiro Habana, zarpa do porto de Ferrol, rumbo a Cartagena, xunto a outros cinco navíos da propia Armada española, para reunirse no porto mediterráneo con outras unidades navais de guerra, para realizar unhas manobras. Cando o Habana, navegaba preto do Cabo Touriñán, estouráronlle as caldeiras, morrendo no acto dous fogoeiros e dous mariñeiros que ían a bordo. Como consecuencia deste grave accidente o barco queda sen goberno e embarranca na costa de Touriñán, no medio dun forte temporal. Miragrosamente, a dotación do cazatorpedeiro, Destructor, acada facer firme un remolque e tirar del para safalo das pedras e remólcao ata o interior da ría de Corcubión, onde de seguro chegaría o Habana, á vista de todos, danado, semiafundido e botando fume, de aí a visión do avó de Patiño, afirmando que un barco sufrira un estourido a bordo. Deste incidente, nacería anos despois, o monumento de O cilindro truncado en Corcubión, que conmemora esta traxedia, financiado polos compañeiros sobrevivintes do propio Habana, e polos do destructor Ariete, os que erixirían dito monumento que estivo ubicado inicialmente, no antigo cemiterio da vila, logo pasou a unha plazoleta privada, para finalmente colocarse, na zona portuaria da vila de Corcubión, no interior dun espazo axardinado ao carón do Clube Carrumeiro, onde existe un conxunto de tres monumentos, inaugurados o 5 de agosto do 1995, coincidindo co primeiro certame mariñeiro da Costa da Morte. O primeiro é propio Cilindro Truncado que se atopa ao carón do segundo: unha réplica dunha carabela da expedición a América do galego, Cristóbal Colón, no 1492, coma símbolo da emigración do pobo galego a este continente e o terceiro: unha áncora de ferro de algo máis de tres metros de lonxitude, pertencente ao barco da Amada española, Cataluña, que no 1933 e rumbo ao seu despece, fondeou nesta ría, non poidendo xa recuperar dita áncora cando zarpou, porque ficou presa no fondo. Sería recuperada finalizando o século XX, por mergulladores do clube Lobeira Pequena e colocada no seu emplazamento actual.

E xa como colofón ao excelente e inédito contido desta longa entrevista de tres horas, a memoria de Hipólito que está en plena efervescenza, lémbrase, que estando el recheando o fondo mariño, para facer un novo peirao no porto de Barcelona, a xente tiraba entullos procedentes do Barrio chino da cidade; entón, aparecíu un anaco de moble flotando preto da súa embarcación. Hipólito díxolle ao seu axudante que o collese e unha vez a bordo, descubren que no seu interior hai un tapiz enrolado, manchado de gasoil. Cando o extenden, descubren unha marabillosa reproducción da escea literaria cervantina que representa a Sancho Panza na Ínsula. Dito tesouro, ainda está en mans do propio buzo corcubionés, ao cal, fai anos, dábanlle varios millóns de pesetas polo tapíz, ¡pero non o vendíu!.

A última visita que lle fixen a este buzo corcubionés, en Cee, o 30 de decembro do 2017, foi precisamente, para entregarlle o borrador deste artigo que vostedes están a ler agora, para que lle dese o seu visto bó. Nesa mesma tarde de invernía, sentados ambos os dous no sofá do gran salón do que outrora fora o puxante Hostal Galicia, lembrei as palabras de Concha, a actual parella de Hipólito e dona do extinto negocio hoteleiro, cando ela nos contaba que esa mesma ubicación, onde nós nos atopabamos agora, era elexida entre outras persoas que frecuentaban o seu negocio a finais dos anos oitenta, polo Nóbel, Camilo José Cela e polo seu amigo, e tamén escritor, Francisco de Ramón y Ballesteros, Paco de Ramón, para a familia de Concha. Dan fé destas relacións de amizade, as numerosas fotos da época que ainda penduran das paredes deste espazo.
Despois de acomodarnos fronte ao televisor, da áxil memoria de Hipólito Patiño, ainda emanaron algunhas historias máis sobre a súa dilatada vida, dignas de seren divulgadas.

Unha destas historias, que da fé da relevancia e da paisón coa que se adicou este buzo xubilado ao mundo do audiovisual a principios deste século, aconteceu na Feira Internacional de Muebles de Valencia, en concreto, nun expositor dunha gran empresa, cando no decurso de tres días estivo visionándose nunha gran pantalla, ininterrumpidamente, un documental da súa autoría, titulado: Los cañones del Júcar. Conta Hipólito, relacionado con este episodio, que el agasallara cunha copia en dvd deste programa, a un empresario valenciano a bordo do seu iate e que éste púxose de contado a visionalo xunto aos seus convidados. O propietario, cando rematou de velo, colleu outro dvd que el mesmo mandara gravar a unha equipa de profesionais, o cal lle custara unha morea de cartos e guindouno ao mar!


Cóntame Hipólito, que non son poucas as veces que sentado no sofá fronte ao televisor e coa estufa ao seu carón, reláxase vendo, precisamente, seu documental: Los cañones del Júcar, ambientado coa música de fondo de Tres lunas de Mike Oldfield, coas imaxes de inicio que reproducen o fermoso pobo de Cortes de Pallá. Este capítulo é o que garda con maior agarimo e ademáis o que lle valíu un premio da Comunidade Valenciana, convidándoo a el e a Concha, a tres días de estanza a gastos pagos nun balneario da zona alta do río Júcar. Dito capítulo é un dos moitos que forman parte da exitosa serie España insólita, creada polo propio buzo corcubionés, polos cales recibíu premios en numerosos concellos españoles.

Outro documental, autoría do prolífico Hipólito Lamela, e que leva por título: El último buzo, é unha reproducción que lle custou meses e meses de traballo, procurando imaxes e filmacións sobre a historia do mergullo e de películas antigas sobre buzos, rescatadores de pecios na Internet. Hipólito, actualmente di que non sabe cómo foi quen de facer semellante traballo, e que hoxe sería impensable realizalo. Ten fotos orixinais de Leopoldo Lamela, seu tío, un buzo dos de antes, un auténtico heroe para el, e que o considera o mellor buzo da historia en España. Dito documental, posúe unha ambientación musical extraordinaria, acorde con cada parte do vídeo de 35 minutos de duración, e do cal di o propio Hipólito que desfrutou moito facendo estas reportaxes, para divulgar a historia de seu tío, a súa propia, e as súas profesións, ateigadas de perigos, visiblemente emocionado. “Yo lo pasé muy bien, creando, creando… disfruté mucho.”


Un anaco da voz en off do propio Hipólito, no documental, El último buzo, é unha fantástica e inédita testemuña oral, dun accidente que case lle custa a vida ao seu tío, Leopoldo Lamela, o gran buzo, cando éste descendeu a un pecio, na costa de Camariñas, para recuperar a hélice de bronce dun navío afundido nese litoral, episodio que o propio Leopoldo contou ao seu sobriño, e que éste cunha memoria inaudita, reproduce neste programa. Esta é a transcripción completa: “Hallá por los años cincuenta, en unos bajos que hay cerca de Camariñas, aquella fatídica mañana, Leopoldo, bajó a inspeccionar una hélice de un barco hundido. Era el objeto más valioso que se encontraba en el barco. Localizada la hélice se puso manos a la obra. Limpió el sitio, adosó la carga de profundidad y dio señales a su ayudante para que lo subieran. En este momento aparece el armador. Le comunica a Leopoldo que deje la carga para otro día, pues el tiempo amenazaba tormenta. Leopoldo no le hizo caso y el mismo conectó los cables. La explosión fue tremenda. De momento todo había salido bien. Había que esperar un tiempo prudencial para que el fondo del mar se limpiara, aprovechando esos momentos para comer. Esperaba una tormenta y Leopoldo comió sin sacar el traje, básicamente sin terminar de comer, le pusieron la escafandra cuando la tormenta estaba prácticamente encima. La tripulación atenta suministraba el aire y el buzo se sumergió. En una mano llevaba las eslingas para enganchar la hélice. Leopoldo según iba bajando se daba cuenta que el agua aún estaba turbia. La hélice se había desprendido y estaba clavada en el fondo. El buzo en aquella oscuridad trataba de engancharla, y al final lo logró. Mandó señales a su guía para que los maquinillos en superficie viraran. Todo transcurría según lo previsto. El personal atento a nuevas señales. De pronto el maquinista sintió algo raro. La hélice se había desprendido, cayendo sobre Leopoldo. Su pierna derecha permanecía sujeta bajo la hélice. Él notaba que se había partido por cuatro sitios. El dolor era infinito, nadie lo podía socorrer. Los gritos se perdían bajo el agua. La sombra del barco destacaba sobre el buzo. La tripulación aterrada miraba hacia el mar… nada podían hacer, más que estar atentos. El chorro de aire salía a superficie. El buzo luchando bajo el agua… los peces merodeaban y nadaban muy nerviosos. A unos metros, Leopoldo luchaba por su vida. El dolor era muy intenso. Me consta que en aquellos momentos se acordaba de su mujer y de sus hijas (catro). Después de tanta lucha, la pierna se desprendió. El zueco del buzo había servido de cuña. En superficie los hombres se preparaban para lo peor. Su fiel guía estaba atento; de pronto, una llamada de auxilio, y el guía tiró de la cuerda, Leopoldo sin poderse controlar subió a la superficie a la velocidad del rayo, dispuesto a matarse contra el casco del barco, pero gracias a la pericia de su fiel ayudante, logró librarse de una muerte segura. Y así fue auxiliado por sus compañeros. Fue desnudado con toda la rapidez y colocado en una cámara de descompresión. En ella permaneció varias horas, hasta que al fin se lo llevaron en una ambulancia al hospital. Tenía la pierna fracturada por cuatro sitios, y allí permaneció varios meses. Recuperado ya de sus graves lesiones, trabajó en varios puertos españoles, en obras menores. No le hizo falta un psicólogo, ni nada parecido. La vida tenía que continuar, y así fueron transcurriendo los días y los años. Sus compañeros tenían gran afecto hacia el… sus jefes lo tenían como oro en paño. Y así iba transcurriendo su vida. Allá por los años setenta, Leopoldo se encontraba trabajando en el superpuerto de Bilbao, fue una obra de titanes, allí trabajaba cuatro horas diarias a 30 metros de profundidad, para el no había ni horario, ni metro. Posiblemente fue el mejor buzo de España.  Años después ya se encontraba en Cádiz construyendo el puente de Carranza sobre la bahía del mismo nombre. Allí cosa extraña en este país, sobre todo si es un obrero, le impusieron la medalla de bronce en el trabajo. Después de una larga enfermedad que lo postró en una silla de ruedas, murió a los setenta años.”

Especifica Patiño, que O buzo baixo o mar, vai dirixindo a manobra cun cabo que está unido ás mans do seu guía en superficie. O buzo vai dirixindo a manobra e di que algunhos compañeiros de profesión teñen falecido por accidentes neglixentes e por malos entendidos. “Pero la vida seguía y había que continuar. Entre sustos y alegrías y entre puerto y puerto, se iba forjando la vida del buzo Patiño.”


A voz en off de Hipólito, segue a narrar a súa propia historia e a súa propia autobiografía: “a lo largo de su vida tuvo tres accidentes bastantes graves… un bloque de hormigón de unas cuarenta toneladas que le pasó rozando tras desprenderse del guinche, una rotura del cristal de la escafandra, y un bloque de hormigón de 40 toneladas que le cortó la manguera de aire y lo aprisionó al fondo. Por aquellos días se encontraba Patiño construyendo el puerto de la zona franca de Barcelona. Todo transcurría sin novedad. El buzo, ayudado por sus hombres se metió bajo el agua. En superficie, la grúa estaba preparada para colocar el primer bloque. El hombre ignorante de lo que iba a ocurrir, bajaba con la rutina de todos los días. La tragedia estaba servida. Aquella mañana se habían colocado varios bloques. Todo transcurría sin novedad. De pronto, por un fallo técnico, el bloque se desprendió. Pasó rozando por la parte derecha del buzo, pero no se libró de que cayera sobre la manguera. El buzo peleó casi sin aire para arrancar la manguera de aquel bloque de cuarenta toneladas… el aire por la manguera rota salía a borbotones y la presión comenzó a bajar. Parte de aquella manguera aún no se había desprendido. Al buzo le faltaban las fuerzas. El buzo seguía luchando. En superficie, el personal estaba alarmado. La manguera subía a flote, sin control ninguno. Casi, con el último aliento, tiró de la manguera y se desprendió. Los ayudantes lo subieron para arriba. Gracias a la rapidez con que actuaron sus compañeros el buzo volvió a la vida. Como si nada hubiera ocurrido, a los pocos días ya se encontraba trabajando en los muelles de Barcelona.”

Cando lle acontecíu este accidente, estaba a traballar Patiño, entre os 12 e os 14 metros de profundidade… a máis de 20 metros era difícil que traballara en portos. Dous anos despois, traballou no superpuerto de Bilbao xunto ao rana, Juan de Santander, logo no porto deportivo de Llavaneras, en Masnou e posteriormente en Cartagena, onde construíu o primeiro dique hidráulico de España. No puerto de Alúmina en San Cibrao, na Mariña, realizou o derradeiro traballo como buzo da súa vida, desenrolando ao longo da mesma, aparte do oficio xa coñecido de construcción e supervisión de portos e diques, os traballos tamén de soldadura submarina, salvamentos marítimos, dinamita en roca, colocación de tubería, dragados e melloras portuarias.

“Los tiempos se iban modernizando y los hombres ranas se mezclaban con los buzos, y los buzos iban desapareciendo. Se iban imponiendo otras tecnologías. Así iba desapareciendo aquella saga de hombres fuertes y valientes que fueron los hombres de escafandra. El último buzo tuvo que tomar una decisión: jubilarse o vestirse de rana… y eligió la primera.”


Unha vez máis, repítese no meu interior o agradecemento oceánico a todos os buzos galegos que como Hipólito Patiño Lamela, contribuiron co seu arriscado oficio, a engrandecer a historia marítima do noso pobo e que por sorte imos aos poucos arrincando da súas memorias… outros xa marcharon fai anos cara outro espazo, levándose con eles por desgraza, inéditos e abraiantes relatos coas súas inmensas memorias sen valeirar e cos seus coñecementos perdidos para sempre sen que houbese un cabo guía que fose quen de rescatar… estarán compartindo experienzas e conversando cos enxeneiros, Alexei Ananenko e Valeri Bezpalov e co operario Boris Banarov, que o 26 de abril do 1986, puxéronse os traxes de mergullo, ainda sabendo que se dirixían a unha morte segura e arrepiante, sen dubidar en dar as súas vidas pola humanidade, deixando os dous primeiros, muller e fillos, e soportando niveis de roentgens/hora, 25 veces superiores á tolerancia humana…si, ainda así, acadaron abrir as válvulas das piscinas de auga que se atopaban, baixo o reactor nº 4 da central nuclear, Vladimir Ilich Lenin, (Chernobyl) que acababa de estalar polos aires, pola mala praxis, pola sucesión dun feixe de erros e por mor a unha proba de seguridade mal executada, quedando danado o sistema informático que impedía abrir automáticamente, ditos sistemas de evacuación de auga.
“¡Oh, Madre Rusia! ¡Oh, Madre Rusia, cuánta gente ociosa e inútil, llevas sobre tus espaldas!”. (Pavlovich Chekhov 362:1994).

Coma sempre afirmo, sinto e amo… somos salitre.

© Fernando Patricio Cortizo 2017

Foto1: Xullo de 2017. Hipólito coa súa escafandra, en Cee. Fernando Patricio Cortizo.
Foto 2: Ano 1950. Equipa de Educación y Descanso. Logroño. La Rioja.
Foto 3: Ano 1953. Brens. Co seu axudante do Ézaro, a bordo.
Foto 4: Ano 1954. Hipólito Patiño, nun mastro dun barco, Corcubión. Ramón Caamaño.
Foto 5: Principios dos anos 60. Vigo. Cun ánfora romana de 2.000 anos de antigüidade que tiña dentro un polbo de 7 kg.
Foto 6: Mediados dos anos 60, Vigo. Construindo o 1º peirao de Ferries de España.
Foto 7: Anos 60. Construindo o 1º porto de contenedores de España, en Barcelona.
Foto 8: Anos 60. Hipólito Patiño, entrando na auga, nalgún porto do Mediterráneo.
Foto 9: Fináis dos anos 60. Facendo pesca submarina en Quenxe, co seu tío, na ría de Corcubión.
Foto 10: Capa da serie documental, “España insólita.”
Foto 11: Capa do documental, “El último buzo.”
Foto 12: Fináis dos 70. Construindo o 1º porto hidráulico de España, en Cartagena.
Foto 13: Principio dos 80. Tarxeta profesional.