venres, 10 de febreiro de 2017

Serpes e Dragóns (V) O raqueo a bordo do buque galo, Olympie.

Roberto vainos narrar outra gran episodio; unha historia na que el foi o protagonista. -Lémbrome do día que embarrancou o Olympie o do semento, no ano 1955. Eu e meu pai fixémonos con mil caxetillas de tabaco, uns xogos de pocillos e dúas caixas de whisky-. Eu formara unha cuadrilla de homes casados para ir ao barco a raquear, pois quería homes comprometidos que tivesen responsabilidades detrás… Eran outros tempos e había que comer e sacar a familia adiante-. A primeira vez que o seu grupo achegouse ao Olympie, ás poucas horas de ter embarrancado o barco, xa sabía el que estaba a bordo Petrallo, o buzo de Camelle que era moi atrevido, pois seu barco, co cal se adicaba ao despece de pecios pola contorna, facía un ruído característico que eles coñecían... Cando a cuadrilla de Roberto volvíu por segunda vez a bordo do barco sinistrado, aparecíu un barco de Camelle que traía a bordo ao capitán do buque galo ministrado e ao capitán da Garda Civil de Carballo, o cal dispoñíase a abrir fogo contra os raqueiros cando o capitán do Olympie, impedíullo. Lémbrase Roberto que uns fuxiron, mentres que a outros os detiveron e tiveron que acudir a un avogado. Finalmente, os restos do Olympie e do María Laar, remataría por mercalos Santa Cruz, despezando ambos os dous buques.


Pasado un tempo, no que o Olympie seguía embarrancado na zona, José Brión, o pai de Roberto, falou cun guardia dos carabineiros que xa coñecían do tempo que levaban apostados éstos a carón do Cemiterio dos Ingleses, facendo garda en terra para custodar o buque galo e díxolle: -esta noite imos quitar as portas do puente do Olympie-. O ghuardia lle dixo: -bueno vai, pero non sei a que hora vai a cheghar o cabo; cando el cheghe eu que xa sei que estades a bordo, vou a disparar ao aire… esa vai ser  a sinal para vós, por que a partir de aí o cabo colle o mando-. Como esa noite ía o irmán de Roberto con el na cuadrilla, o pai quedouse polos arredores a bordo da chalana a ver se collía unhas nécoras ou algún lubrigante. O Olympie levaba a bordo dúas emisoras: o receptor e o emisor, e esas sacounas seu pai de o barco. Un levouna un de Brañas Verdes e outra quedouse seu pai con ela a cal estivo no casino de A Ponte do Porto ata que Santa Cruz mercou o barco que entón, foille devolta.

© Fernando Patricio Cortizo 2017

Foto: Olympie embarrancado. Cedida por Carlos San Claudio Santa Cruz.
Foto: Invernía na Punta do Boi. Fernando Patricio Cortizo.

1 comentario:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar